Este libro que tes entre as mans é apto para todos os públicos.
Está formado por dous contos independentes: “Un Conto para Andrea” e “Diario de a Bordo” que teñen en común como paisaxe de fondo a Galicia rural, a mestura de realidade e ficción e que contan con protagonistas preadolescentes. Uns días nas súas vidas collen unha dimensión espacial e temporal máxica pois espazo e tempo mestúranse, dilúense e conflúen soños e realidade.
Abre de novo as portas a imaxinación pois… Seguimos de Conto.