Estamos de conto é un conxunto de contos unidos pola maxia, o fantástico e o poder do destino; onde nada é o que parece ou “debería ser”… abre as portas da imaxinación. A vida é un conto para compartir.
Triloxía de reis e castelos son tres contos de reis, princesas, encantamentos, gobernos e desgobernos, con xogos de letras e nos que os valores se impoñen a tradición.
Unha de vampiros fálanos de “chucha sangues”, da perda da maxia nos contos e do valor dun neno acompañado do seu gato.
Tizón e Algodón fala de ceo e terra, anxos e diaños, sendo unha crítica á sociedade actual na que ti escolles o final.
A Illa da Brétema é un conto de amor e amizade infinita que supera a distancia e o tempo.
O lameiro dos trasnos fala da Galicia interior, de seres máxicos, da familia, da esperanza e da construción dun futuro.