Categorías
Artigos

26 de decembro. Un mes despois…

foto biblioteca Daviña Rey
Os meus libros na biblioteca Daviña Rey

Categorías
Artigos

19 de decembro

Tres semanas despois…

IES Daviña Rey mercou algúns exemplares dos meus libros. Foi todo un pracer que me convidaran e achegarme a compartir un momentiño informal esta semana para firmalos. Grazas especialmente a Anxo, Anabel e Toño, e moi agradecida en xeral ao instituto onde traballei uns aniños e sempre tan ben me trataron.

Categorías
Artigos

12 de decembro

Dúas semanas despois…

Hoxe toca agradecer o labor desenvolvido nestes días polos medios de comunicación que lle deron nas súas páxinas visibilidade a este proxecto: Xornal de Lemos, El Progreso, La Voz de Galicia. Tamén a todas as persoas que xa están lendo os libros e de xeito público ou privado me están facendo chegar fermosas palabras.

Artigo Pili Xornal Dixital de Lemos
Xornal de Lemos
Artigo Pili Xornal Dixital de Lemos
Xornal de Lemos
artigo El Progreso
El Progreso
Artigo Pili La Voz de Galicia
La Voz de Galicia

Categorías
Artigos

5 de decembro

Unha semana despois…

Foron moitas as persoas que se achegaron a libraría Pelayo (tamén a Agrasar, Fénix, Galicia e Papelotes) para mercar os libros. Tendo en conta que son os primeiros que publico, sei que o fixeron na maior parte dos casos, polo afecto que nos teñen a Rocío, Anabel, ou a min mesma. Con esta primeira edición dos libros recuperaremos os cartos investidos pero para nós esta confianza demostrada non ten prezo. Grazas!