Categorías
Artigos

Ecos da Presentación

MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Miguel Piñeiro, do Progreso de Lugo, fíxome unha entrevista que foi publicada na sección Ribeira Sacra. Nela falamos das miñas obras (poesía e contos) e da experiencia de escribir e publicar. Grazas por esta fermosa reportaxe!

O Xornal de Lemos, no apartado de cultura, e En Común deixaron tamén constancia do acto de presentación polo que igualmente lles estou agradecida.

RECORTE XORNAL ENCOMÚN

Categorías
Artigos

Presentación Libro Seguimos de Conto

Pili Sánchez (LinSanMar)
Pili e Anabel (autora e ilustradora)
Pili e Rocío (Peruchela edicións)
Autora e Editora
Pili e Mimi (editora)
Sra Comprando
Firma dos libros

Un ano e medio despois dos dous primeiros libros, coa mesma ilusión sae a luz o terceiro “Seguimos de Conto” xunto cunha segunda edición de “Estamos de Conto” (do que grazas a todos e todas vós quedamos sen exemplares). Faremos unha pequena e informal xuntanza e presentación a que con moito cariño estades convidad@s.

Cartel Presentación Libros Pili Sánchez

Categorías
Artigos

26 de decembro. Un mes despois…

foto biblioteca Daviña Rey
Os meus libros na biblioteca Daviña Rey

Categorías
Artigos

19 de decembro

Tres semanas despois…

IES Daviña Rey mercou algúns exemplares dos meus libros. Foi todo un pracer que me convidaran e achegarme a compartir un momentiño informal esta semana para firmalos. Grazas especialmente a Anxo, Anabel e Toño, e moi agradecida en xeral ao instituto onde traballei uns aniños e sempre tan ben me trataron.

Categorías
Artigos

12 de decembro

Dúas semanas despois…

Hoxe toca agradecer o labor desenvolvido nestes días polos medios de comunicación que lle deron nas súas páxinas visibilidade a este proxecto: Xornal de Lemos, El Progreso, La Voz de Galicia. Tamén a todas as persoas que xa están lendo os libros e de xeito público ou privado me están facendo chegar fermosas palabras.

Artigo Pili Xornal Dixital de Lemos
Xornal de Lemos
Artigo Pili Xornal Dixital de Lemos
Xornal de Lemos
artigo El Progreso
El Progreso
Artigo Pili La Voz de Galicia
La Voz de Galicia

Categorías
Artigos

5 de decembro

Unha semana despois…

Foron moitas as persoas que se achegaron a libraría Pelayo (tamén a Agrasar, Fénix, Galicia e Papelotes) para mercar os libros. Tendo en conta que son os primeiros que publico, sei que o fixeron na maior parte dos casos, polo afecto que nos teñen a Rocío, Anabel, ou a min mesma. Con esta primeira edición dos libros recuperaremos os cartos investidos pero para nós esta confianza demostrada non ten prezo. Grazas!

Categorías
Artigos

Día da Presentación Estamos de Conto

28 de novembro… A presentación!

Hoxe ás 5 da tarde tivo lugar a presentación dos libros na libraría Pelayo de Monforte. Toda unha experiencia! O mellor foi compartila con Rocío “Peruchela” (editora) e Anabel (ilustradora). Pola situación da pandemia o número de asistentes foi reducido. Estabamos as tres un pouco nerviosas, a ver como quedou a cousa… Velaquí e na páxina de inicio os vídeos.