Mes: Decembro 2020
19 de decembro
Tres semanas despois…
O IES Daviña Rey mercou algúns exemplares dos meus libros. Foi todo un pracer que me convidaran e achegarme a compartir un momentiño informal esta semana para firmalos. Grazas especialmente a Anxo, Anabel e Toño, e moi agradecida en xeral ao instituto onde traballei uns aniños e sempre tan ben me trataron.
12 de decembro
Dúas semanas despois…
Hoxe toca agradecer o labor desenvolvido nestes días polos medios de comunicación que lle deron nas súas páxinas visibilidade a este proxecto: Xornal de Lemos, El Progreso, La Voz de Galicia. Tamén a todas as persoas que xa están lendo os libros e de xeito público ou privado me están facendo chegar fermosas palabras.
5 de decembro
Unha semana despois…
Foron moitas as persoas que se achegaron a libraría Pelayo (tamén a Agrasar, Fénix, Galicia e Papelotes) para mercar os libros. Tendo en conta que son os primeiros que publico, sei que o fixeron na maior parte dos casos, polo afecto que nos teñen a Rocío, Anabel, ou a min mesma. Con esta primeira edición dos libros recuperaremos os cartos investidos pero para nós esta confianza demostrada non ten prezo. Grazas!